
Imaxe en alta resolución
Rosa María Sánchez Yebra Alonso
Vogal
Conselleira Independente
Nada en Ourense. Técnica Comercial e Economista do Estado. Doutora en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela con Premio Extraordinario de Licenciatura e de Doutoramento. Máster en Dirección e Administración de Empresas (MBA) polo Instituto de Empresa (IE Business School) de Madrid.
Traxectoria profesional
En 1999 ingresou no Corpo de Técnicos Comerciais e Economistas do Estado e, desde entón, a súa carreira estivo vinculada ao Ministerio de Economía e Facenda. Primeiro, na Dirección Xeral do Tesouro e Política Financeira como responsable de Organismos Financeiros Multilaterais, chegando a ser anos máis tarde a Secretaria Xeral da devandita Institución. Posteriormente, incorpórase ao Gabinete do Ministro de Facenda como Asesora responsable da Comisión Delegada de Asuntos Económicos. En 2002 é nomeada Directora do Gabinete do Secretario de Estado de Economía, cargo que exerce ata 2004. Durante eses anos foi membro do Consello de Administración de numerosas empresas e organismos públicos, do ICO, Cesce, Icex, Segipsa, Sepi e a FNMT. Entre 2004 e 2009 foi Conselleira Económica e Comercial Xefa da Embaixada de España en Romanía. En Decembro de 2011 é nomeada Directora do Gabinete do Ministro de Economía e Competitividade (2011-2014), asumindo entre outras responsabilidades a de coordinar a execución do programa de rescate financeiro do ESM, para o sistema financeiro español, do cal dependía a estabilidade financeira da zona euro.
Entre 2014 e 2016 foi Secretaria Xeral do Tesouro e Política Financeira, Conselleira do Banco de España, da CNMV, do FROB e Vicepresidenta do FGD. Durante o seu mandato, o Tesouro realizou a primeira emisión de Letras con interese negativo, que logo se ampliou a prazos máis longos, un fito na historia da financiación do Tesouro Público. Como Secretaria do Tesouro, foi membro titular de España no influente Comité Económico e Financeiro (EFC) da Unión Europea que prepara o Eurogrupo e o Ecofin, asistindo ás reunións destes dous Consellos Europeos como Substituta do Ministro. A nivel internacional tamén foi Gobernadora Alterna no BEI e G-20 e membro titular no Financial Stability Board (FSB).
Desde 2017 ata finais de 2021 ocupou o cargo de Vicegobernadora de Estratexia de Desenvolvemento Social do Banco de Desenvolvemento do Consello de Europa con sede en París, sendo a primeira muller en ocupar ese cargo nos 60 anos da Institución.
En novembro de 2021 é nomeada Vocal do Consello de Administración de Abanca Corporación Bancaria. Tamén é Conselleira Independente e presidenta da Comisión de Auditoría de Pharmamar.