Imaxe en alta resolución
Javier Etcheverría de la Muela
Presidente de Honra
Naceu na Coruña en 1933. Licenciado en Dereito pola Universidade de Madrid.
Traxectoria profesional
Presidente de Banco Etcheverría desde 1980. Exerceu como avogado durante un breve espazo de tempo antes de incorporarse ao Banco Etcheverría como director xeral.
En 1960 foi nomeado vicepresidente e en 1980 asumiu a presidencia. É conselleiro da Asociación de Entidades Bancarias (AEB) e vogal da Fundación de Estudios Bancarios.
En xuño de 2014 é nomeado presidente do Consello de Administración de NCG Banco, S.A. (actualmente ABANCA Corporación Bancaria, S.A).
En xuño de 2017, e como mostra de recoñecemento ao señor Etcheverría polo traballo realizado e pola súa dedicación, primeiro no Banco Etcheverría e posteriormente en ABANCA, o Consello de Administración acordou por unanimidade o seu nomeamento como Presidente de Honra de ABANCA.