Os nosos edificios singulares
Auditorio ABANCA
O inmoble, coñecido co nome de Pazo de Ramirás, era o antigo palacio dos Condes de Gimondi e na súa fachada principal resalta o escudo nobiliario dos seus antigos propietarios. Posteriormente foi sede dos almacéns El Pilar.
O edificio, reformado ao longo dos anos ata en seis ocasións, está localizado no casco antigo da cidade de Santiago, a escasos metros da Plaza de Cervantes e a Catedral. Os edificios da zona, caracterizados polas súas fachadas de pedra, complementadas con calzadas tamén de pedra, conforman a típica arquitectura do casco histórico da cidade.
O proxecto de rehabilitación e adaptación das instalación respectou a fisionomía orixinal do edificio, mantendo o conxunto arquitectónico que conforma xunto cos inmobles lindeiros. No interior do edificio incorporáronse as reformas necesarias para habilitar un auditorio con capacidade para 614 persoas, distribuídas entre o patio de butacas e un anfiteatro en dous niveis.
Potenciar o acceso da sociedade compostelá en particular, e da galega en xeral, á cultura é o obxectivo fundamental de este recinto de ABANCA, pensado para acoller as mais diversas manifestacións escénicas e musicais, así como para reforzar a opción de Santiago de Compostela como área de convencións e congresos.
¡Fai una visita virtual polo noso auditorio!
Centro Obra Social ABANCA
O Centro Obra Social ABANCA está emprazado no edificio do antigo Banco Hijos de Olimpio Pérez que domina a céntrica Praza de Cervantes, elemento clave da zona alta do casco histórico compostelán e punto no que conflúen tódalas rúas do seu entorno.
Os irmás Olimpio e Cándido Pérez Rodríguez, seguindo a traxectoria bancaria de seu pai Manuel Pérez Saez, instalado no número 17 da Praza de Cervantes dende 1846, adquiren os edificios lindeiros coa intención de erixir unha nova construción para o banco, proxecto que é encargado ao compostelán Manuel Pereiro Caeiro, amigo e veciño de Olimpio Pérez.
Un equipo dirixido por José Luis Pereiro foi o encargado de acometer a rehabilitación do inmoble, proxectado polo seu bisavó, para adaptalo aos novos usos socioculturais previstos por ABANCA. Na actualidade as instalación ocupan unha superficie de case tres mil metros cadrados e conta con tres salas de exposicións, un auditorio, unha sala de lectura e varias aulas para a organización de actividades formativas de diversa índole, salas de reunión e diferentes espazos que conforman un centro de formación e información. Na parte traseira, o edificio conta cunha galería que da a un pequeno xardín adornado con plantas e árbores.
¡Fai unha visita virtual polas súas diferentes salas!