Somos accesibles
Que é a accesibilidade
A accesibilidade é o grao en que as persoas poden empregar un obxecto, visitar un lugar ou acceder a un servizo independentemente das súas capacidades técnicas, cognitivas ou físicas.
Para aumentar a accesibilidade dos produtos e servizos empréganse certas técnicas que salvan ou reducen os obstáculos e barreiras do contorno. Grazas a estas técnicas conséguese que as persoas que teñen algunha discapacidade realicen a mesma acción ca unha persoa sen ningunha. Exemplos destas axudas técnicas son o alfabeto braille, a lingua de signos, as cadeiras de rodas, os sinais auditivos dos semáforos, etc.
A accesibilidade é un dereito que garante que unha persoa poida entrar, transitar e permanecer nalgures, de xeito seguro, confortable e autónomo. Para iso hanse de suprimir as barreiras físicas.
En informática, a accesibilidade inclúe axudas como las tipografías de alto contraste ou gran tamaño, magnificadores de pantalla, lectores e revisores de pantalla, programas de recoñecemento de voz, teclados adaptados e outros dispositivos de entrada de información.
A accesibilidade aplicada ao contido de internet denomínase accesibilidade web. Para a web, o W3C desenvolveu directrices ou pautas específicas que garanten este tipo de accesiblidade. O grupo de traballo dentro do W3C que se encarga de promover a accesibilidade é o WAI, que elaborou unhas Pautas de accesibilidade ao contido Web (WCAG 1.0 e 2.0).
Accesibilidade e discapacidade
As discapacidades que afectan a accesibilidade das webs poden ser:
- Visuais: nos seus distintos graos, desde a visión escasa á invidencia total; tamén inclúe problemas para distinguir cores (daltonismo).
- Motrices: dificultade ou imposibilidade para usar as mans, incluídos tremores, lentitude muscular, etc. Estes síntomas poden causalos enfermidades ou situacións coma o párkinson, a distrofia muscular, a parálise cerebral, a carencia de membros…
- Auditivas: xordeira ou deficiencias auditivas.
- Cognitivas: dificultades de aprendizaxe (dislexia, discalculia, etc.) ou discapacidades cognitivas que afecten a memoria, a atención, as habilidades lóxicas, etc.
A accesibilidad na web de ABANCA
Para garantir o correcto acceso a todos os usuarios, a web está optimizada tanto para os navegadores máis estendidos como para outros menos habituais. Ademais tamén se revisou a correcta navegación utilizando navegadores de só texto e desactivando estilos e imaxes.
Co fin de dotar o sistema dos máis avanzados mecanismos de seguridad e protección, recomendámosche que instales a última versión do teu navegador. Podes obtela nas seguintes páxinas, dependendo do navegador que empregues:
- Google Chrome
- Microsoft Internet Explorer
- Mozilla Firefox
- Opera
- Safari
- Lynx (navegador que opera en modo texto)