Aviso legal
Titulariedade da web
ABANCA Corporación Bancaria S.A. (en diante, ABANCA), con enderezo social en Betanzos, rúa Cantón Claudino Pita, 2, 15300, e CIF A-70302039, é unha entidade de crédito suxeita á supervisión do Banco de España e inscrita no Rexistro de Bancos e Banqueiros do Banco de España co número de codificación 2080, á que lle corresponde a titulariedade da web abancacorporacionbancaria.com (no sucesivo, a web), que ABANCA pon ao dispor dos usuarios de internet co fin, tanto de proporcionar información corporativa e financeira relativa á actividade e negocio de ABANCA e das empresas que integran o Grupo Económico ABANCA (segundo a definición de "grupo" recollida no artigo 42.1 do Código de Comercio), como de permitir a prestación de servizos a través da web, denominados on-line.
ABANCA Corporación Bancaria S.A. está inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña, no tomo 3426 da Sección Xeral, folio 1, folla C-47.803, inscrición 1ª.
Aceptación das condicións de utilización da web
O acceso e a navegación pola web comportan que o usuario coñece e acepta, sen reservas de ningún tipo, todas as condicións que integran este Aviso legal. Para estes efectos, ABANCA recoméndalle ao usuario que, periodicamente e con carácter previo á navegación pola web, lea atentamente o contido.
As condicións xerais de uso da web así como calquera outra condición que para o efecto se puidese establecer, teñen por finalidade a regulamentación e información dos usuarios da web dos servizos que presta ABANCA, e a propia regulamentación do uso da web.
A información que aparece na web é a vixente na data da súa última actualización. ABANCA garda para si o dreeito de actualizar, modificar, suspender, cancelar ou restrinxir o contido da web, as ligazóns ou a información facilitada a través dela sen necesidade de avisar previamente; nese caso a información entrará en vigor desde o momento da súa publicación.
Condicións xerais da web
-
Política de privacidade
-
Protección de datos de carácter persoal:
Para consultar a información relativa á política de privacidade desta web, que forma parte destas condicións xerais de uso da web, le por favor a política de privacidade.
-
Cookies:
Para consultar a información verbo do uso de cookies na web, que tamén forma parte destas condicións xerais de uso da web, consulta a política de cookies.
-
-
Propiedade industrial e intelectual. Política de hiperligazóns
Todos os contidos incluídos na web e, en particular, as marcas, nomes comerciais, deseños industriais, deseños, textos, fotografías, gráficos, logotipos, iconas, software e calquera outro signo ou elemento susceptible de utilización industrial ou comercial están protexidos polos dereitos de propiedade industrial e intelectual de ABANCA ou dos terceiros titulares dos mesmos que autorizaron a súa inclusión na web. Queda, polo tanto, expresamente prohibida calquera utilización, adaptación, combinación, reprodución ou calquera caste de manipulación destas marcas, nomes comerciais, deseños industriais, deseños, textos, fotografías, gráficos, logotipos, iconas, software e demais signos ou elementos susceptibles de utilización industrial ou comercial, sen o consentimento expreso e por escrito de ABANCA. Neste sentido, ABANCA garda para si o dereito a exercer cantas accións legais lle correspondan contra os usuarios que violen ou infrinxan os seus dereitos de propiedade industrial e/ou intelectual.
ABANCA non será responsable da infracción dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial correspondentes a terceiros que se derivase da inclusión na web de marcas, nomes comerciais, deseños industriais, deseños, textos, fotografías, gráficos, logotipos, iconas, software e calquera outro signo ou elemento susceptible de utilización comercial pertencente a terceiros que declarasen ser titulares dos mesmos e autorizasen a súa inclusión na web.
En ningún caso se entenderá que o acceso á web e á navegación por ela por parte do usuario comportan renuncia, transmisión, ou cesión total ou parcial dos ementados dereitos por parte de ABANCA ou dos titulares correspondentes, nin da concesión de dereito, espectativa de dereito, ou autorización ningunha para alterar, transformar, explotar, reproducir, distribuír ou comunicar publicamente os contidos incluídos na web. A alteración, transformación, explotación, reproducción, distribución ou comunicación pública destes contidos requirirá, en todo caso, a previa e expresa autorización por escrito de ABANCA ou dos titulares correspondentes.
Non se poderá establecer ningún vínculo á web dende ningunha outra web sen o consentimento previo e expreso de ABANCA por escrito. As ligazóns que se establezan deberán facerse sempre á páxina principal da web ou, no seu caso, a aquela páxina que ABANCA determine. Esta ligazón será absoluta e completa de modo e maneira que leve o usuario á web de ABANCA, que deberá comprender completamente toda a extensión da pantalla da páxina principal.
ABANCA non será responsable do contido das web de destino que se establezan mediante vínculos na web, nin tampouco das infraccións de dereitos de terceiros en que estas webs poidan incorrer.
-
Responsabilidade de ABANCA
O usuario recoñece e acepta que a utilización da web e dos seus servizos se realiza baixo a súa enteira e exclusiva responsabilidade.
Os contidos desta web teñen unicamente finalidade informativa, sen que poida estimarse como recomendación, suxestión, asesoramento de calquera clase ou elemento determinante para realizar investimentos ou para tomar decisións financeiras de calquera caste. Neste sentido, ABANCA declina calquera responsabilidade verbo do uso desta información por parte do usuario da web que poida darlle para a toma das referidas decisións.
A información que proporciona ABANCA a través da web está sometida á normativa vixente en España e non se atopa, polo tanto, destinada a aqueles usuarios que actúen baixo outras xurisdicións de estados que esixan o cumprimento de requisitos distintos para a posta a disposición ou divulgación da información corporativa e financeira referida a ABANCA e ás empresas pertenencentes ao Grupo Económico de ABANCA.
ABANCA non asume ningunha responsabilidade no suposto de que, temporalmente, puidesen existir discrepancias entre documentos impresos e a versión electrónica publicada na web. En caso de existir algunha diverxencia entre a versión impresa e a versión electrónica, prevalecerá o que se dispoña na impresa.
ABANCA non responde da veracidade, integridade e/ou actualización de calquera tipo de información que non sexa de elaboración propia e tampouco da que poida aparecer noutras webs que, se for o caso, mediante unha ligazón desde www.abancacorporacionbancaria.com se lle facilitase ao usuario como fonte alternativa de información. Neste sentido, a información contida nas referidas webs rexerase polos termos e condicións de utilización que, para ese efecto, establecesen os titulares das ementadas webs. Conseguintemente, ABANCA non asume nin recoñece responsabilidade ningunha verbo desas ligazóns.
ABANCA declina toda responsabilidade polos danos que se puidesen causar no equipo informático ou en calquera outro dispositivo análogo que o usuario empregue para acceder á web, por posibles virus informáticos contraídos polo usuario con motivo da navegación pola web.
Con todo, ABANCA adoptará en todo momento as medidas necesarias, dentro das súas posibilidades e tendo en conta o estado da tecnoloxía, para garantir o axeitado funcionamento da web e evitar a existencia e transmisión do virus e outros compoñentes que poidan prexudicar o usuario.
-
Obrigas do usuario
O usuario está obrigado a utilizar os contidos da web de forma dilixente, correcta e lícita, e, en consecuencia, comprométese a:
- Non utilizar nunca os contidos da web con fins ou efectos contrarios á lei, á moral e aos bos costumes xeralmente aceptados ou á orde pública.
- Nunca reproducir, copiar, distribuír, permitir o acceso do público a través de calquera modalidade de comunicación pública, transformar ou modificar os contidos incluídos na web, agás que se conte coa correspondente autorización expresa e por escrito do seu titular.
- Non utilizar nunca os contidos da web para remitir publicidade, comunicacións cos fins de venda directa ou con calquera outra clase de finalidade comercial, mensaxes non solicitadas dirixidas a unha pluraliade de persoas sexa cal sexa a súa finalidade, nin comercializar ou divulgar de ningún xeito esta información.
Lexislación aplicable e xurisdición competente
Estas condicións de uso da web rexeranse pola lexislación española.
Para os casos en que a normativa nos permita ás partes a posibilidade de someternos voluntariamente a un foro, ABANCA e ti, con renuncia expresa a calquera outro foro que nos puidese corresponder, sometémonos ao dos Xulgados e Tribunais da cidade da Coruña para a resolución de calquera litixio ou controversia.
Medios técnicos
Todos os medios técnicos que sexan necesarios para accederes á web e á prestación dos servizos ofertados nela por ABANCA serán pola túa conta exclusiva, así como tamén calquera imposto ou gasto doutro tipo a que a prestación destes servizos che dese lugar.