Modelo de actuación
"A sociedade reclama un modelo económico máis sostible e o sector financeiro debe atender esta demanda canalizando recursos aos proxectos empresariais que incorporen criterios de sostibilidade na súa gobernanza e operacións"
Juan Carlos Escotet, Presidente de ABANCA.
-
Políticas, ética e transparencia
Definimos un modelo de actuación que pon a sostibilidade como un dos focos de atención na toma de decisións para crear valor, analizar, previr e mitigar os impactos negativos que as súas acción poidan ter no medio ambiente e na sociedade
Política de Sostibilidade
A Política pretende recoller a estratexia e principios básicos de actuación e compromiso de ABANCA nesta materia, avaliar o seu impacto estratéxico e impulsar e xestionar iniciativas deseñadas para responder aos retos do cambio climático desde o punto de vista ambiental, social e de gobernanza.
O seu obxectivo é contribuír a ser unha organización de alto desempeño que consiga ser rendible de maneira sostida dun xeito responsable e innovador, creando valor, analizando, previndo e mitigando os impactos negativos que as nosas decisións e actividades teñen no medio ambiente e na sociedade e que nos permite asegurarnos de que as estruturas de gobernanza contribúen dun xeito valioso a un desenvolvemento sostible e inclusivo, apoiándose nas accións das súas persoas e guiándose polo interese social.
Política de Investimento Responsable e Integración de Riscos de Sostibilidade
A Política de Investimento Responsable e Integración de Riscos de Sostibilidade pretende recoller a estratexia e principios básicos de actuación voluntarios e aspiracionais nesta materia coa finalidade de obter un retorno do investimento que é consistente cos obxectivos dos seus clientes, mentres procura maximizar o benestar social. Para iso, téñense en conta os riscos de sostibilidade ou riscos ASG dos investimentos e incorpóranse ás métricas financeiras específicas sobre estes factores.
Ademais, a presente Política pretende dar resposta ás obrigas do Regulamento (UE) 2019/2088 do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de novembro de 2019, sobre a divulgación de información relativa á sostibilidade no sector dos servizos financeiros. En particular, a Política ten como finalidade informar sobre como se integran os riscos de sostibilidade nos procesos de toma de decisións de investimento e de asesoramento.
Outra Información Relacionada coa Integración de Riscos de Sostibilidade
Información sobre principais incidencias adversas
Declaración relativa as principais incidencias adversas das decisións de investimento sobre os factores de sostibilidade
ABANCA terá en conta as principais incidencias adversas que as decisións de investimento poidan ter sobre os factores de sostibilidade a nivel da entidade e, polo tanto, agregadamente para todas as carteiras xestionadas por ABANCA. Segundo o disposto no Artículo 4 do Regulamento (UE) 2019/2088 do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de novembro de 2019, sobre a divulgación de información relativa á sostibilidade no sector dos servizos financeiros.
Non consideración das incidencias adversas das decisións de investimento e do asesoramento en materia de investimento
ABANCA, cando preste o servizo de asesoramento en materia de investimento, non terá en conta as principais incidencias adversas sobre factores de sostilidade xa que, como asesor financeiro, non conta cunha política de debida dilixencia en relación con tales incidencias adversas. Pola súa banda, ABANCA Vida y Pensiones e ABANCA Mediación tampouco terán en conta as principais incidencias adversas sobre factores de sostibilidade, xa que non contan cunha política de debida dilixencia en relación con ditas incidencias.
Política de Implicación
A política de implicación pretende estabelecer os principios xerais e criterios necesarios para garantir unha axeitada implicación do Grupo ABANCA no goberno corporativos das compañías cotizadas nas que inviste para asegurarse de que: os intereses dos clientes e dos diferentes vehículos de investimento xestionados estean por enriba de calquera outra consideración, se cree valor a longo prazo investindo en compañías que compartan este enfoque e este compromiso coa sostibilidade e se apliquen criterios ASG nos investimentos do Grupo ABANCA.
Ademais, a presente Política foi elaborada segundo a normativa sectorial vixente; en particular, dá cumprimento á Directiva (UE) 2017/828 do Parlamento Europeo e do Consello, de 17 de maio de 2017, e pola que se modifica a Directiva 2007/36/CE no que respecta ao fomento da implicación a longo prazo dos accionistas, os investidores institucionais e os xestores de activos, que son, acotío, importantes accionistas das sociedades cotizadas e poden, polo tanto, desenvolver un papel destacado no goberno corporativo desas sociedades e tamén, de xeito máis xeral, no referido á súa estratexia e rendemento a longo prazo.
Marco de Emisións ODS
ABANCA establece o seu Marco de Emisións con Obxectivos de Desenvolvemento Sostible para reforzar o seu compromiso coa sustentabilidade, contribuír á transición cara a unha sociedade máis sostible e unha economía caracterizada por baixas emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI), e así satisfacer a crecente demanda de investimentos e reguladores que teñan un efecto positivo na sociedade e no medio ambiente. Desenvolveuse de acordo cos Principios para Bonos Verdes, Bonos Sociais e Bonos de Sostibilidade publicados pola International Capital Market Association e os criterios establecidos polo Regulamento de Taxonomía da Unión Europea.
Sustainalytics verificou o marco de forma independente por terceiros. Accede ó documento.
Política Enerxética e Ambiental
O planeta enfróntase a un gran cambio e é responsabilidade de cada un de nós custodiar o seu benestar, porque é o único que temos e é o que nos aporta osíxeno, auga e os recursos que precisamos para vivir. E a súa sostibilidade implica «coidar, protexer e preservar».
Esta Política quere proporcionar un marco común de referencia para o estabelecemento de obxectivos e o emprendemento de accións segundo o compromiso de ABANCA de consumir enerxía de xeito eficiente, de reducir as súas emisións de gases de efecto invernadoiro e de estabelecer mecanismos de xestión ambiental axeitados.
É unha mostra do noso esforzo e implicación para facer fronte á emerxencia climática. Accede ao documento completo
Política Fiscal
ABANCA aliñase coas mellores prácticas das sociedades cotizadas no ámbito da política fiscal corporativa, harmonizando o seu propio interese cos lexítimos intereses do resto dos axentes económicos, sociais e demais grupos de interese cos que interactúa.
Código Ético e de Conduta
Neste documento, formalizamos os principais dereitos e obrigas desde o punto de vista de condutas, comportamentos, procedementos, actitudes e aptitudes que tanto a entidade como todas as persoas que formamos parte dela asumimos.
Compromiso cos Dereitos Humanos
Para ABANCA, o respecto polos dereitos humanos asúmese como un estándar mínimo de actuación. O noso compromiso enténdese como un dos fundamentos cara a un camiño sostible de progreso, un continuo benestar e unha vida máis digna para os nosos grupos de interese e para a sociedade da que todos formamos parte.
Política Anticorrupción
Para ABANCA, a corrupción é unha forma de criminalidade contraria aos nosos valores e principios básicos de actuación. O noso compromiso de loita contra esta práctica adopta unha política de tolerancia CERO e enténdese como unha ferramenta esencial para evitar que tanto a Entidade como o resto de persoas incorran neste tipo de condutas.
Política de Calidade
A nosa Política de Calidade mostra un compromiso coa mellora continua e a excelencia na xestión dos nosos procesos e servizos como pancas necesarias para ofrecer servizos de calidade, promovendo as mellores prácticas nos sistemas de xestión, coñecendo as expectativas dos nosos clientes internos e externos, e impulsando accións para a mellora. Para o seu desenvolvemento e revisión tivéronse en conta tanto a misión e a visión, como o Plan Estratéxico da entidade, e susténtase sobre os tres piares citados anteriormente.
Acordo de xestión de persoas
En ABANCA temos un modelo de xestión de persoas que trata de garantir o benestar do equipo. Por iso, traballamos en plans de actuación para implantar boas prácticas e mellorar as medidas recollidas, tanto na normativa como nos convenios sectoriais.
O Plan de Igualdade de ABANCA 2021-2025 está composto por 10 ámbitos de actuación con actuacións específicas a desenvolver en: formación en xénero, selección e contratación, promoción profesional, auditoría retributiva e salarial, exercicio corresponsable dos dereitos da vida persoal, familia. e o traballo, a infrarrepresentación das mulleres, a comunicación e a linguaxe non sexistas, a prevención de riscos laborais con perspectiva de xénero, a prevención do acoso moral, o acoso sexual e de xénero e, finalmente, a violencia de xénero. O Plan mellora as medidas de conciliación fronte ás recollidas na normativa xeral.
ABANCA conta cun Sistema Complementario de Previsión Social, cun plan que permite ao persoal acceder a prestacións efectivas de aforro e ante determinadas continxencias de risco, cunha mellora significativa respecto dos convenios colectivos en España.
-
Compromisos e alianzas
A adhesión aos seguintes principios e compromisos supón a nosa participación nuns grupos de traballo que teñen como obxectivo proxectar e implementar un conxunto de medidas para loitar contra o cambio climático e desenvolver un modelo de negocio bancario sostible.
A adhesión aos seguintes principios e compromisos supón a nosa participación nuns grupos de traballo que teñen como obxectivo proxectar e implementar un conxunto de medidas para loitar contra o cambio climático e desenvolver un modelo de negocio bancario sostible.
Rede de Pacto Mundial
Mantemos o noso máximo compromiso co cumprimento da normativa fiscal vixente, baseado na boa fe, ética e o respecto ás mellores prácticas comunmente aceptadas. Por ese motivo, e atendendo aos estándares máis esixentes de transparencia.
Principios de Banca Responsable
Como signatarios fundadores, o noso obxectivo é ter un papel activo na creación dunha economía sostible e, a partir da innovación, liderar as novas formas de facer finanzas. Para iso, aliñamos as estratexias da nosa entidade coa consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible das Nacións Unidas e do Acordo de París.
Compromiso Colectivo para la Acción Climática
Sumámonos a este pacto a través do compromiso de aliñar o noso negocio cos obxectivos climáticos internacionais. Esta iniciativa estabelece accións concretas e con prazos determinados que, desde ABANCA, poñeremos en marcha para ampliar a nosa contribución e aliñar a nosa actividade cos obxectivos do Acordo de París sobre o clima.
Acordo Sectorial de Acción Climática
Con ocasión da Conferencia das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático (COP25) que se celebrou en Madrid, os principais bancos españois, entre eles ABANCA, presentaron un compromiso conxunto para proceder nun prazo determinado a reducir a pegada de carbono nas súas carteiras de crédito dunha forma susceptible de ser medida con criterios homologados internacionalmente e en liña cos obxectivos marcados no Acordo de París.
Principios de Investimento Responsable
ABANCA é o primeiro banco español en adherirse a estes principios promovidos por UNED FI e polo Pacto Mundial. ABANCA subscribiu os Principios en dúas categorías: a sociedade ABANCA Corporación Bancaria e ABANCA Seguros, o que supón un paso máis na nosa estratexia de sostibilidade.
Principios para un Océano Sostible
A través da adhesión a estes compromisos, recoñecemos a urxencia e a importancia de aportarmos medidas a escala mundial que promovan o benestar do océano e comprometémonos a traballar neste sentido dentro do noso ámbito de actuación.
Net-Zero Banking Alliance
A través desta alianza, unímonos a esta ambiciosa iniciativa do sector bancario co obxectivo de apoiar a transición a unha economía neta cero a través do compromiso de aliñar as nosas carteiras de empréstitos e investimentos cos camiños cara a Net Zero para 2050.
ABANCA estableceu os seus obxectivos intermedios de descarbonización para 2030 da carteira de crédito. Máis información
Alianza Galega polo Clima
ABANCA sumouse a esta iniciativa impulsada pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia co fin de implicar ao tecido empresarial galego na loita contra o cambio climático.
PCAF (Partnership for Carbon Accounting Financials)
ABANCA uniuse á alianza global PCAF (Partnership for Carbon Accounting Financials), que ten como obxectivo establecer unha metodoloxía internacional para medir e divulgar as emisións de gases de efecto invernadoiro financiadas por bancos e investidores.
Carta da Diversidade
A Comisión Europea encargou a unha institución en cada país a elaboración e aplicación da Carta da Diversidade, sendo a Fundación para a Diversidade a encargada exclusivamente desa misión en España desde 2009.
ABANCA asinou a Carta da Diversidade e asume voluntariamente o compromiso de promover os 10 principios fundamentais de igualdade, diversidade e inclusión.
CDP (Carbon Disclosure Project)
CDP é unha organización sen ánimo de lucro que xestiona un sistema global de divulgación para informar a investidores, empresas, cidades, estados e rexións sobre a xestión dos seus impactos ambientais.
ABANCA participa no cuestionario anual de CDP sobre cambio climático, que á súa vez está aliñado coas recomendacións do TCFD (Task Force on Climate-related Financial Disclosures).